O equipo feminino do Galaico acusa a baixa de Bea Gómez e descende a Segunda División
Por Redacción
A baixa da súa principal nadadora, Bea Gómez, a causa dun problema cardíaco foi demasiada lousa para o Club Natación Galaico na Copa de España de Primeira División celebrada en Gijón.
O equipo feminino do club pontevedrés, único representante galego na competición, pechou a clasificación da xornada certificando o seu descenso de categoría.
Todo malia o esforzo das 12 nadadoras desprazadas a Asturias e que nalgúns casos lograron mellorar as súas marcas.
O Galaico foi oitavo con 281 puntos nunha competición dominada polo Santa Olaya (535 puntos) seguido de Mairena (488), Mataró (452), Churriana (436), Palma de Mallorca (416,5), Atletic-Barceloneta (363,5) e Granollers (305).
As deportistas pontevedresas que tomaron parte na xornada foron: Paula Goyanes, Águeda Cons, Lucia González, Alicia Conde, Ana Picher, Inés Gómez, Laura Montes, Nerea Rodiño, Lara Gómez, Nuria Erselle, Iria García e Nuria Garcia.