A falta dun punto para asegurar o título, o Pontevedra empeza a pensar no play-off
Por Diego Espiño
Só un punto separa o Pontevedra Club de Fútbol de asegurar matematicamente o primeiro posto do Grupo I de Terceira División, clave para afrontar con maiores garantías a fase de ascenso.
Tres partidos terán os granates para pechar o primeiro obxectivo e deixar sen opcións ao Deportivo B, que mantén mínimas esperanzas por ter o gol average gañado cos granates.
A primeira opción para os de Luisito será o próximo domingo en Pasarón ante As Pontes, nun partido que atrásase media hora con respecto ao horario habitual (17:30 horas) e no que deberán deixar atrás as malas sensacións dos dous últimos choques na casa, con empate ante o Barabadás e derrota contra o Choco.
Aínda que oficialmente óptase pola cautela, o club traballa xa en chegar nas mellores condicións posibles ao play-off, ademais de mirar de esguello os posibles rivais.
Neste aspecto o único que confirmou de xeito matemático o primeiro posto é o Linares, aínda que outros conxuntos o teñen practicamente no peto, como por exemplo o Mérida.
O importante agora para os pontevedrese pasa por chegar sen baixas ao momento decisivo da competición, polo que se traballa en recuperar os últimos futbolistas tocados.
Neste aspecto Bruno reincorporouse totalmente ao grupo tras a súa rotura dos ósos do nariz, mentres Fran Fandiño continúa adestrando con precaución para evitar unha recaída que o afaste definitivamente dos terreos de xogo esta tempada. Con todo xa podería estar dispoñible para o técnico granate esta mesma xornada.
Diferente é o caso de Adrián Gómez, que cunha rotura fibrilar será baixa case con total probabilidade ata o play-off, para o que se se cumpren os prazos chegará sen problemas.
Por outro lado pénsase tamén nos xogadores que se encontran apercibidos de sanción, cinco neste caso, e que deberán evitar ver unha tarxeta na última xornada ligueira.
As bases de competición para esta tempada establecen que os ciclos de amoestacións quedan invalidados co inicio da fase de ascenso, comezando un novo, pero si se cumpliran as sancións derivadas da última xornada da liga regular.
Nestes momentos os granates apercibidos de sanción con Pablo, Tubo, Jacobo, Campillo e Capi.
Relacionadas:
-
Campións de Liga! O Pontevedra empata con As Pontes (0-0) e rubrica unha fin de semana máxica para o deporte local
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Con tranquilidade pero sen confianzas o Pontevedra busca o punto que lle falta para certificar o título
Por Ramiro Espiño |
-
Victoria de "seis puntos" en Bouzas (1-2) que deixa o título de campión para o Pontevedra a só un punto
Por Ramiro Espiño |