O Leis feminino vence a domicilio o filial do Atlético Féminas (2-3)
Por Redacción
Segundo triunfo da tempada para o Leis Pontevedra Femenino na Segunda División Nacional.
As pontevedresas venceron no seu último desprazamento ligueiro na cancha do filial do Atlético Féminas (2-3) e manteñen as súas opcións de superar, a falta de dúas xornadas, o Fisober na clasificación, equipo co que empataron con 8 puntos.
En Madrid o Leis afrontou un partido moi igualado que comezou de cara co gol de Anita aos tres minutos tras un lanzamento de falta.
Só catro minutos despois chegaría o 0-2 por medio de Mar, pero co paso dos minutos o Atlético Féminas foi gañando protagonismo para meter en apertos á defensa pontevedresa, o que se traduciría no 1-2 materializado por Mónica.
Na segunda metade o Leis tivo que sufrir atrás antes de que chegase o 1-3, cun gol de Jessy.
O Leis puido ampliar a vantaxe con dous minutos en superioridade, pero finalmente o que chegaría sería o 2-3 a falta dun minuto que maquillaba o resultado final.
CD FUTSI ATLÿTICO FÿMINAS (2): Alicia, Vanessa, Ainhoa (1), Cristina, Sandra -cinco inicial- Rocío, Alicia, Laura, Mónica (1), Casandra, Ana Belén.
LEIS PONTEVEDRA FS (3): Tami, Mar (1), Anita (1), Jessy (1), Ali -cinco inicial- Patri, Tamara, Bibi, Marta.