'Wallball' e 'paddleball', dúas novas modalidades deportivas botan raíces en Pontevedra
Por Redacción
Unha pa de pádel e un pequeno frontón. ÿ o único que se necesita para gozar do 'Paddleball', unha nova modalidade deportiva que xunto ao 'Wallball', na que se xoga directamente coa man ou con luvas, empezou a botar raíces en Pontevedra.
Un grupo de afeccionados a estes deportes, polo momento modesto en número, crearon a Asociación Galega (AGWP) presidida por Jaime Bernardo Blanco e con sede na cidade de Lérez, inscrita no rexistro de asociacións da Xunta en 2014, para intentar estender a súa práctica.
Adestran todos os sábados no colexio de Campañó e cando poden repiten o luns e xoves, usando ás veces un local na Avenida da Estación, nas modalidades dunha e catro paredes.
Aínda que non chegan ao ano de vida, os retos da asociación son ambiciosos intentando captar deportistas de todas as idades. De feito na actualidade cuantan con xogadores dende os 11 aos 67 anos.
Neste breve período de tempo xa participaron en varios encontros amigables e no Campionato de España de Wallball, modalidade na que existen practicantes en varios países europeos e noutras zonas da xeografía española.