Inmellorable inicio de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Trofeo Princesa Sofía
Por Redacción
Non puideron empezar mellor a prestixiosa Regata Princesa Sofía o dúo formado por Támara Echegoyen e Berta Betanzos.
O equipo galego-cántabro iniciou a súa participación na Bahía de Palma con senllos primeiros postos parciais nas dúas mangas disputadas na xornada do luns, para situarse á fronte da categoría 49er FX.
Tras Echegoyen e Betanzos sitúanse dúas parellas danesas, as formadas por Maiken e Anne-Julie Fogh na segunda posición e o tándem formado por Jena Mai Hansen e Katja Salskov-Iversen, que marchan terceiras.
Máis discretos estiveron no seu debut os arousáns Carlos e Antón Paz no 49er, situados na trixésima posición da xeral tras chegar nos postos 12 e 17 do seu grupo nas dúas mangas disputadas.
A xornada inaugural para as clases olímpicas estivo marcada polo forte vento rexistrado, con refachos de case 30 nós de intensidade no campo de regatas.
Relacionadas:
-
Irregular comezo de Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Copa do Mundo de Hyères
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, satisfeita co seu oitavo posto final no Trofeo Princesa Sofía
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos caen á cuarta praza pero manteñen as súas opcións no Trofeo Princesa Sofía
Por Redacción |