Duro correctivo do Luceros ao BM Pontevedra (39-27)
Por Redacción
Falto de obxectivos e coa permanencia asegurada dende hai bastantes xornadas, o BM Pontevedra acusa tanto a falta de motivación coma as frecuentes ausencias dalgúns dos seus xogadores máis importantes, o que provoca que cando os partidos se complican a competitividade diminúa.
Foi o que sucedeu en Cangas. Os de Ramón Pazos estiveron metidos no partido e tiveron opcións durante 40 minutos, pero cando o Luceros deu un pequeno tirón, baixaron os brazos, e mesmo permitiron un marcador esaxeradamente amplo, incrementado co parcial final de 7-1 para os locais, nos últimos seis minutos de partido.
LUCEROS (39): Salazar, Anxo Dopazo; Abal, Barreiro (2), Camiña (3), Joel (2), Daniel García (2), Daniel Gómez (2), Xairo Mariño (1), Menduiña (12), Rial (1), Daniel Sierra (1), Soage (5), Miguel Trigo (7) e Ángel Rodríguez (1).
BM PONTEVEDRA (27): David Lagoa, Santi Picallo, Ángel Noya; Ansias, Santi Calvo, Domato (6), Gonzalo García, Fernando Rey (3), Iago Rodríguez (4), Alberto Santiago (10), Ángel Soliño e Javier Suárez (4).
Árbitros: Juan José Bajo Morales e Alberto Jesús Benegas García (Extremadura). Excluíron por dous minutos a David Barreiro, polo Luceros, e a Fernando Rey, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 2-3, 9-7, 12-10, 14-13, 17-14 (descanso) 19-17, 24-18, 27-20, 30-22, 33-26 e 39-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal O Gatañal (Cangas do Morrazo). Uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
Traballado triunfo do BM Pontevedra (28-24) sobre Promens A Cañiza
Por Redacción |
-
As indivualidades salvan a un discreto Cisne ante BM Pontevedra (28-30) e déixano a un punto do título
Por Ramiro Espiño |
-
BM Pontevedra só aguanta un tempo o pulo do Seis Domingo Nadal (23-27)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra ten que esperar aos últimos minutos para superar (25-27) o BM Artabro
Por Redacción |