Partido vital para o Pontevedra no García Hermanos de Betanzos
Por Diego Espiño
Inundacións e polémicas quedan por fin nun segundo plano ante o trascendental choque que este sábado afronta o Pontevedra no García Hermanos de Betanzos (16:00 horas). O aspecto deportivo volve ao foco informativo co último partido do ano e a necesidade de gañar para os granates se non queren verse descolgados dos primeiros postos.
Non será fácil para o equipo de Milo Abelleira, obrigado a conseguir unha vitoria a domicilio que se lle resiste dende a terceira xornada de liga, é dicir, dende o pasado 9 de setembro. Para iso o técnico granate deberá sobrepoñerse ás ausencias de Santi Domínguez e Fran Fandiño, que se unen ás lesións de longa duración de Buba e Pacheco.
O resto de futbolístas estarán a disposición de Milo ante un Betanzos que, segundo o adestrador lerezano, é moi perigoso no seu estadio: "Es un equipo que trabaja muy bien en campo propio, salen con velocidad y tienen buen remate. El año pasado ya nos costó muchísimo ganar allí".
Abelleira cre que os seus xogadores deben esquecerse da presión e pensar na posibilidade de rematar a primeira volta nos postos altos se conseguen os tres puntos en Betanzos e un triunfo ante o Deportivo B en Pasarón o 6 de xaneiro: "Tienen que saber que sacando esos dos partidos estaremos cerca de los cuatro primeros y después aún nos quedaría el partido aplazado. La presión la tenemos que tener igual, pero debemos pensar sólo en nosotros mismo".
A convocatoria do Pontevedra para o choque no García Hermanos compóñena 17 xogadores: Lloves, Lorenzo, Pablo, Sestelo, Nano, Adrián, Caco, Cristóbal Juncal, Iago Paz, Moisés Pereiro, Tomás, Jacobo, Tubo, Richi, Stefan, Javi Pazos y Breogán. Un deles será descartado antes do encontro.
Traslado das oficinas a Pasarón
O club completou o traslado das súas oficinas ás novas instalacións do Estadio Municipal de Pasarón. As oficinas estarán operativas en horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.