O Pontevedra Fútbol Gaélico, presente no Campionato Ibérico que se disputa na Estrada
Por Redacción
Os equipos masculino e feminino do Pontevedra Fútbol Gaélico (PFG) participarán este sábado na segunda rolda do Campionato Ibérico que se disputa na Estrada.
O Campo Novo da localidade pontevedresa e o de Figueroa serán escenario dunha competición que reunirá a clubs de diferentes puntos da península.
No cadro masculino o PFG enfrontarase na fase de grupos a Barcelona Gaels e Mecos do Grove, mentres o equipo feminino quedou encadrado coas anfitrionas, Irmandinhas, xunto a Filhas de Breogán e Mecas.
Os partidos arrancarán ás 9:00 horas prolongándose ata as 20:00 horas da tarde.