O Campionato Galego de barcos de equipo, nova cita co piragüismo no Pontillón do Castro
Por Redacción
Preto de 400 padexeiros cítanse este sábado no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, en Verducido.
Afrontarán, dende as 9:30 horas da mañá, o Campionato Galego de barcos de equipo, competición reservada a embarcacións C-2 e K-2 nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veteranos.
Entre os inscritos figuran algúns dos mellores especialistas galegos como Tono Campos, Diego Romero, ÿscar Graña, André Oliveira, Carlos Pérez, Rubén Millán ou Roi Eodríguez, entre outros.
O campionato disputarase sobre a distancia de 5.000 metros e contará cun total de 11 saídas, a última prevista para as 13:00 horas.
Non será a única actividade do fin de semana en Verducido, pois durante a xornada do domingo está prevista a celebración da primeira xornada da Liga Galega alevín e infantil K-1 e C-1, coa participación doutros 400 piragüistas.