O Teucro visita a cancha de La Roca cun só pensamento: "No podemos fallar ahora"
Por Diego Espiño
Desprazamento a terras catalás para a Sociedad Deportiva Teucro, que visita a cancha do Balonmano La Roca (sábado 19:30 horas) co obxectivo de lograr dous puntos que lle permitan afrontar con tranquilidade as dúas seguintes xornadas ligueiras, ante dous candidatos ao ascenso como Valladolid e Sinfín.
Antes os azuis deberán superar un rival que pelexa por non descender pero que é "claramente más fuerte en casa" recoñece Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés é consciente que "nos vamos a encontrar a un rival peleón", pero apunta que "si hemos llegado hasta aquí no podemos fallar ahora", sinalou na rolda de prensa previa ao choque.
Na mesma liña os xogadores non queren distrarse pensando en próximos compromisos porque "va a ser tan importante ganarle a La Roca como a Valladolid", defendeu Carlos Pombo.
Co plantel nun bo momento físico e os xogadores que arrastraban molestias cada vez mellor, Quique Domínguez só contará coa habitual baixa de César Armán.
O partido en La Roca del Vallés será arbitrado polos cataláns Jordi Ausás e Miquel Florenza.
Relacionadas:
-
O Teucro resolve na segunda parte (26-34) ante BM La Roca, ampliando distancia co Go Fit
Por Redacción |
-
A Selección Arxentina Júnior fíxase no teucrista Gonzalo Carró
Por Redacción |
-
Traballo de despacho no Teucro pensando no posible ascenso a Asobal
Por Diego Espiño |
-
Dez minutos abondan ao Teucro para dar conta dun frouxo Barakaldo (32-20) nun partido cómodo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |