O Teucro fai seu o 'cholismo' e só pensa no Barakaldo
Por Diego Espiño
Partido a partido. Así formula a Sociedad Deportiva Teucro o tramo final de liga no que espera confirmar o seu retorno á máxima categoría do balonmán nacional.
Cun discurso similar ao popularizado polo adestrador do Atlético de Madrid, 'Cholo' Simeone, Quique Domínguez non quixo falar doutro encontro que non sexa o do seu equipo este sábado no Municipal ante o Barakado (20:00 horas).
Nin xornadas futuras nin os duelos directos entre os perseguidores do Teucro na clasificación, que se enfrontan entre si esta xornada (Barcelona B-Sinfín e Alcobendas-Valladolid) e que podrián deixar os azuis, se conseguen gañar, máis preto do ascenso.
Domínguez quere centrar toda a atención la atención no duelo ante un Barakaldo para o que pediu "respeto" porque, asegura, "juega como un equipo y se juega la vida" a pesar de estar "incomprensiblemente en la penúltima posición".
Quique Domínguez: "Necesitamos al público y que el pabellón tenga ese ambiente de partido grande"
Por iso o técnico solicita o apoio dos seus afeccionados: "necesitamos al público y que el pabellón tenga ese ambiente de partido grande", defendeu na rolda de prensa previa ao choque.
No deportivo, con todos os seus xogadores dispoñibles salvo César Armán, o adestrador pontevedrés centra a súa atención en parar ao "posiblemente mejor jugador de la liga", Jon Ortuondo.
"Una de las claves pasa por que no esté cómodo, no tenga su día, porque si lo tiene tendremos un problema", asegurou Domínguez en relación ao central vasco.
O equipo azul chega ao encontro recuperado da pequena baixada física sufrida semanas atrás e despois do "golpe de moral" que supuxo gañar en Nava, tal e como explica un David Chapela que ve os seus compañeiros con "confianza para afrontar estos partidos, empezando por el Barakaldo".
Os colexiados do choque serán os andaluces Francisco e José Molina Baena.