ÿltimos campionatos en pista cuberta para os atletas da Gimnástica
Por Redacción
O Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña, acolle esta fin de semana os últimos campionatos de Galicia da tempada de pista cuberta.
O sábado será a quenda para os atletas cadetes, entre os que se encontran 12 deportistas da Sociedad Gimnástica.
Varios deles parten como favoritos nas súas probas ou candidatos ao podio, como María Jiménez, Pablo Tojal, Marco Martínez, Marta Burés ou Alesandra Campo.
Pola súa banda, o domingo tamén competirán os veteranos e en Cangas, ao non ter cabida baixo teito, disputarase o Campionato Galego de Inverno de lanzamentos longos.
Víctor Gallego será a principal baza pontevedresa nesta cita, en lanzamento de disco. Ademais contan con opción de medalla Martín Brea, Carlos Cerviño, Ángeles Filgueira e Claudia Puig.