O Villalonga acepta xogar en Pasarón o día 30 de decembro
Por Diego Espiño
O partido aprazado da 17º xornada da Terceira División entre Pontevedra e Villalonga xogarase, salvo contratempo, o domingo 30 de decembro ás 17:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
A xunta directiva do Villalonga, reunida a noite do luns, acordou esta data como a mellor opción para "terminar canto antes con isto", como recoñece o presidente do clube celeste José Miniño. O día elixido coincide coa proposta trasladada polo Pontevedra, co que só falta a ratificación por parte da Federación Galega de Fútbol para que a decisión sexa firme.
O ente federativo non debería oporse ao acordo dos equipos, dado que habitualmente obriga a pór ao día os partidos aprazados antes do comezo da segunda volta de competición, unha segunda volta que comeza xa o día 6 de xaneiro.