O Teucro, a evitar confianzas na cancha do vicecolista Maristas Algemesí
Por Ramiro Espiño
Larguísimo desprazamento para o Teucro, que viaxa ata terras valencianas para enfrontarse ao Maristas Algemesí, vicecolista da categoría, nun horario inusual para os pontevedreses, que xogarán o domingo, ás 12:00 horas, no Pavillón 9 de octubre da localidade levantina.
Os teucristas realizarán a viaxe por estrada, con saída ás doce da noite deste venres, para chegar pola mañá ao seu destino, tendo previsto realizar un adestramento ás 17:00 horas do sábado, en Valencia.
Será o inicio dunha serie de partidos contra rivais da zona baixa ou media da clasificación, que poden servir para que o Teucro afiance a súa vantaxe á fronte da clasificación, sempre e cando non caia nun exceso de confianza, como recoñecía o técnico, Quique Domínguez, na rolda de prensa previa á viaxe: "Después de haber superado con bastante éxito la difícil cuesta de enero que teníamos, con tres partidos duros que hemos solventado con seis puntos, viene ahora una fase con equipos de la zona media baja en la que el mayor riesgo que hay es caer en la confianza, en la relajación o en no valorar suficientemente a los rivales".
"Si miras la clasificación -seguiu dicindo o adestrador azul- uno, nosotros, estamos arriba de todo, y otro, ellos, abajo de todo, lo que puede provocar esto de lo que hablo, que pueda parecer el partido ganado de antemano y sería como siempre en deporte un error grave, que no deberíamos permitirnos. Hasta ahora no le hemos hecho, pero debemos recordar que en esta categoría, fuera de casa, siempre es complicado jugar, siempre es complicado ganar. Nos vamos a encontrar un pabellón pequeño, con una afición de empuja mucho y que intentarán ganarle al líder. Sacarán las uñas e intentarán complicarnos todo lo que puedan".
O que non preocupa ao técnico o máis mínimo é o cambio do horario habitual, pasando a xogar o domingo pola mañá: "Madrugaremos lo suficiente para que los jugadores estén despiertos y nos iremos al partido sin ningún tipo de excusas. Hay que saber jugar en todas las circunstancias".
David Chapela e Carlos Pombo son as únicas, aínda que sensibles, baixas que ten o Teucro para este compromiso: "David Chapela tiene un esguince de grado 2-3. Está mejor, pero de momento sigue siendo baja. El que está ya entrenando es Carlos Pombo. Lo que sí ha sido una semana complicada por gripes, catarros y demás, pero el resto de jugadores estarán para jugar".
Pola súa banda, o extremo Adrián Pumar, tamén presente na rolda de prensa, ten moi claro que o obxectivo é gañar, sen pensar no que poidan facer os rivais nesta xornada: "se están jugando cosas muy serias y seguro que saldrán a por todas. No hacemos cálculos, sólo pensamos en ganar en Algemesí, si lo hacemos no tenemos que pensar en lo que hagan los demás".
Relacionadas:
-
Nin a caseira actuación arbitral frea un Teucro máis líder tras gañar (32-38) ao Maristas Algemesí
Por Redacción |
-
David Chapela estará polo menos dúas semanas máis de baixa
Por Diego Espiño |
-
Iago Gómez convértese en xigante e dá ao Teucro unha vitoria agónica (25-24) sobre Bidasoa
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |