Marín homenaxea os seus mellores deportistas de 2014
Por Redacción
O Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu na tarde-noite do venres a Gala do Deporte 2014, na que se distinguiron os mellores deportistas e persoas relacionadas co deporte local polas súas actividades e os seus logros do pasado ano.
Os premios principais recaeron en Jean Marie Okutu e Katia Calvar, mellores deportistas a nivel individual.
Ademais José Alberto del Río foi galardoado como mellor adestrador, Irene Trabazo como mellor promesa feminina, Noh Pereira mellor promesa masculina, o Club Baloncesto Peixefresco como mellor club, o Colexio San Narciso como mellor centro educativo e a ximnasia rítmica (Club In Mare) como mellor escola deportiva municipal.
Completaron os premios José Francisco Gil pola súa traxectoria, a Carreira +10 Marín como mellor evento do ano, a Cafetaría Aroma como mellor patrocinador e Manuel Rodríguez Fernández, exemplo de dedicación ao deporte saudable.
Relacionadas:
-
Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2015
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Aarón González, mellores deportistas do ano en Marín
Por Redacción |
-
Marín acollerá os días 27 e 28 de febreiro a VIII Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática
Por Redacción |
-
Katia Calvar e Jean Marie Okutu, mellores deportistas marinenses de 2014
Por Redacción |