O equipo alevín do Club de Tenis Pontevedra proclámase campión galego
Por Redacción
Os oito mellores equipos de Galicia en categorá alevín déronse cita en Pontevedra no Campionato Galego de Tenis, que tivo como vencedor ao club local.
O Club de Tenis Pontevedra fíxose co título por segundo ano consecutivo cun equipo formado por Bernando López, Iago Domínguez, Pablo Alvear, Carlos Álvarez, Pablo Centeno e Iago Valenzuela.
O torneo celebrouse en formato de eliminatoria gañando os pontevedreses para chegar á final ao Codesal da Guarda (3-2) e ao Sporting Casino de Coruña (4-1).
Xa na final o Club de Tenis Pontevedra impúxose ao Club de Tenis Coruña por tres vitorias a dúas.
Este título clasifica aos pontevedreses para o Campionato de España Alevín que se celebrará o próximo verán en Murcia.