O Natación Galaico refórzase cos triatletas internacionais Fernando Alarza e Luis Miguel Velásquez
Por Redacción
Si hai pouco o Club Deportivo Pinarium de Marín anunciaba a incorporación ás súas filas de varios trialetas contrastados para participar en probas atléticas ao longo da tempada, agora tocoulle a quenda ao Club Natación Galaico.
A entidade pontevedresa reforzouse tamén co talaverano Fernando Alarza, campión do mundo junior de triatlón en 2010 e sub-campión sub-23, e co venezolano Luis Miguel Velásquez.
Ambos participaron xa no Campionato Galego e a Liga Galega de Clubs, algo que seguirán facendo ao longo de toda a tempada sempre que o seu esixente calendario de tríatlon o permita.
Trátase de mellorar o seu adestramento en natación e conseguir ademais maiores facilidades para exercitarse na piscina olímpica de Rías do Sur, á que agora teñen acceso como integrantes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e tamén nas horas reservadas para o club pontevedrés.
Alarza e Velásquez son dous dos triatletas afincados en Pontevedra que adestran ás ordes de Omar González co obxectivo principal de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río 2016.