Unha tripla sobre a bucina de Blair decide un intenso derbi entre Peixe Galego e Xuven (62-59)
Por Redacción
O Marín Peixe Galego levouse o derbi da Adecco Prata ante o Xuventude Cambados no último segundo (62-59) logo dun vibrante partido.
Os cambadeses empezaron mandando no electrócino, pero os locais reaccionaron para chegar ao final do primeiro cuarto empatados (16-16).
Nun duelo de constantes alternativas de novo os visitantes fóronse distanciando para chegase gozar dunha renda de 15 puntos ao seu favor (16-31), pero os marinenses non se descompuxeron e aos poucos empezaron a recortar.
O Xuven chegou con vantaxe ao cuarto final (41-47), momento no que se fixo grande a figura do xamaicano Blair (23 puntos).
A súa achega ofensiva foi notable, pero máis o foi o seu temple cando na última posesión, de 13 segundos e con empate a 59, culminou a xogada deseñada por Javi Llorente cunha tripla que decidiu o encontro para delirio da afección local.
O triunfo consolida ao Peixe Galego na zona de play-off.
MARÍN PEIXE GALEGO (62): Manu Ferreiro (5), Rogers (7), Azotam (5), Medori (2), Blair (23) -cinco inicial- Darío Suárez (2), Izquierdo, Gregorio Adón (6), Al Rapier (6), Norman Rey (6).
XUVENTUDE CAMBADOS (59): Nakidjim (4), Whitworth (12), Orellano (3), Sergi Quintela (2), Callaghan (8) -cinco inicial- Lucas Vaquero (8), Freitas (9), Alberto Rodríguez (2), Erik Quintela (3), Charles (8).
Árbitros: Sánchez Ardid e Padros Feliu. Sen eliminados.
Parciais: 16-16, 16-20, 9-11, 21-12.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña de Marín.