CAB Pontevedra ou a ilusión por facerse un sitio no panorama deportivo da cidade
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Empezou case sen querer, pero o proxecto do Club Amigos do Baloncesto de Pontevedra (CAB) apunta ao futuro con ilusión.
O proxecto liderado por Fernando Gallego e Mauricio Fernández naceu o pasado verán despois de que o primeiro, adestrador no Baloncesto Estudiantes Pontevedra, abandonase o club por "discrepacias deportivas".
Agora adestran preto de 50 nenos repartidos en catro equipos federados: dous alevíns masculinos, un alevín feminino e un benxamín feminino.
ÿ o primeiro paso dun club que, co apoio fundamental que lle prestan os pais dos xogadores, traballa "con la expectativa para el año de doblar el número de equipos", recoñece Galego.
A súa idea é "ir creciendo con los chicos" para chegar a converterse nunha alternativa dentro do baloncesto local.
O principal problema para iso, recoñecen, é a busca de espazo e horas dispoñibles para adestrar nos pavillóns da cidade, algo que polo momento se solucionou coas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe.