21 traíñas cítanse o domingo no Grove no II Memorial Lágar
Por Redacción
A II Regata de Traíñas 'Sempre Lágar' Memorial Miguel Fernández Lores reunirá este domingo 21 de decembro no Grove a algunhas das mellores tripulacións galegas.
Un total de 21 traíñas renderán homenaxe ao remeiro meco falecido no ano 2007.
A competición arrancará no Peirao do Grove ás 11:30 horas na modalidade de contra o reloxo, cunha orde de saída que terá en conta a clasifcación da última Liga Galega de Traíñas.
Participarán tripulacións do club anfitrión, Mecos, e de Vilaxoán, Tirán, Vila de Cangas, Rianxo, Puebla, Perillo, Coruxo, Chapela, Mugardos, Castropol, Mera, Cesantes e Amegrove.