Rafael Louzán xa é presidente da Federación Galega de Fútbol
Por Ramiro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Rafael Louzán, presidente da Deputación e do Partido Popular en Pontevedra, fixo o seu particular triplete ao sumar unha nova presidencia, a da Federación Galega de Fútbol.
O mandatario pontevedrés logrou reunir 80 votos fronte aos 65 do seu rival José García Liñares nunha votación a porta pechada celebrada no Hotel Porta do Camiño, en Santiago na que tamén houbo catro votos nulos e unha abstención.
O proceso electoral arrancou ás 21:00 horas e prologouse durante máis de tres.
Nas súas primeiras declaracións como máximo responsable do futbol galego, Louzán mostrouse moi contento e asegurou que "este é un día de felicidade para o equipo" do que el dixo ser "un máis".
Insistiu en que a súa "non é unha vitoria doada, dicíase que eu estaba obrigado a gañar" pero insistiu en que houbo que "traballar contra corrente". Por iso destacou que é "a primeira vez en toda España que un presidente dunha federación dunha comunidade autónoma perde ás eleccións despois de só catro anos de mandato".
Inmediatamente anunciou que se poñerá "a traballar polo ben do futbol galego" xa que hai "moito que cambiar". E entre outros asuntos citou que é "hora de saber escoitar e darlle solución os problemas de Galicia", apuntando, entre outros, os problemas de mutualidade ou a necesidade dun "comité de competición imparcial", que brinde, un "trato igualitario para todos os clubes".
"O futbol en Galicia con esta candidatura vai a gañar no futuro", concluíu.
Despois de comparecer ante os numerosos medios de comunicación que esperaban o resultado das votaciónes, así como recibir as felicitacións dos seus partidarios, Rafael Louzán abandonou o Hotel Porta do Camiño para dirixirse a outro hotel próximo, o San Lázaro, onde o esperaban os seus máis próximos colaboradores e diversos amigos, como o vicepresidente da Deputación, Chema Figueroa, ou o exdirector xeral do Real Club Celta, Alfredo Rodríguez, entre outras moitas persoas vinculadas ao mundo do fútbol.
A chegada ao salón onde lle agardaba o seu equipo produciuse entre unha pechada ovación. Logo seguiron os saúdos entre rostros de satisfacción, celebrando o triunfo electoral nunha festa que se prolongou ata ben entrada a noite.
Relacionadas:
-
Louzán sopesa a oferta de Villar para ocupar un cargo na directiva da Federación Española de Fútbol
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán presenta a directiva que o acompañará na Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
Louzán, optimista ante as eleccións á presidencia da Federación Galega de Fútbol
Por Diego Espiño |
-
Rafael Louzán confirma a súa candidatura á presidencia da Federación Galega de Fútbol
Por Alejandro Espiño |