Atletismo e diversión para celebrar o Nadal
Por Mónica Patxot
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra converteuse este luns nunha improvisada pista de atletismo para celebrar o xa tradicional Festival de Nadal da Sociedad Gimnástica, en colaboración do Instituto Municipal de Deportes.
Máis dun centenar de alumnos das súas escolas deportivas gozaron dunha divertida xornada de xogos relacionados co atletismo ante a atenta mirada de moitos dos pais.
Entre as probas realizadas polos pequenos atletas estiveron as carreiras de velocidade de 25 metros, valos, salto de lonxitude, lanzamentos de pelota ou carreiras de relevos.