Xornada intensa de tiro con arco no X Trofeo de Nadal da Federación Galega
Por Diego Torrado
O pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe recibiu durante a xornada de sábado a 112 arqueiros no X Trofeo de Nadal organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco.
Na intensa xornada de competición estiveron representados 22 clubs de toda Galicia, entre eles o local Boa Vila, que participou con 16 arqueiros e notables resultados.
No horario matinal competiron os deportistas de categoría absoluta nas modalidades de arco nu e tradicional e as categorías inferiores nas divisións de arco composto e recurvo.
Xa pola tarde foi a quenda para as categorís cadete, xuvenil, senior e veteranos en arco recurvo e composto e tamén para o arco adaptado.