Carlos García Alén repasa os seus catro anos de mandato e as esperanzas de futuro
Por Ramiro Espiño
"El Teucro estará en las condiciones ideales para buscar el ascenso a Liga Asobal a partir de la temporada 2016/2017, es decir, dentro de dos años, pero si se produjese antes nos adaptaremos sin ningún problema". Así comezaba a súa intervención o presidente Carlos García Alén, nun almorzo informativo con representantes dos medios de comunicación, celebrado no Hotel Galicia Palace, de Pontevedra, no último día do seu mandato antes dunhas eleccións ás que xa anunciou a súa presentación.
O presidente teucrista quixo facer un repaso aos seus catro anos á fronte da entidade, abundando nos argumentos expostos aos socios na asemblea do pasado venres e destacando que "los objetivos marcados cuando nos hicimos cargo, creo que se han cumplido en su totalidad".
Logo fixo tamén repaso dos principais fitos do seu mandato, no que destaca moi especialmente o éxito na xestión económica, que conseguiu evitar o que parecía imposible, mantendo ao club con vida no peor momento da súa historia, cando case todo apuntaba a unha traumática e dolorosa desaparición.
Sinalou tamén o incremento experimentado polos equipos da base azul, que pasaron de 8 a 11 equipos, con 60 fichas máis de xogadores para un total de 200 deportistas integrados baixo a disciplina teucrista nas diferentes categorías.
"Después del proceso concursal nos quedamos en poco más de 400 socios. Hoy pasamos de 900"
Máis destacable tamén é o repunte da masa social, consecuencia da confianza que se conseguiu xerar na afección, xunto coa boa marcha deportiva do primeiro equipo: "Cuando cogimos el club había sobre 650 socios. El pesimismo que se instaló en todos hizo que con motivo del proceso concursal muchos de ellos se diesen de baja y nos quedásemos en poco más de 400. Hoy podemos decir con satisfacción que pasamos de los 900 socios y esperamos que antes de terminar esta temporada rebasemos la cifra de 1.000 con la trayectoria que lleva el equipo. La respuesta se vio este sábado en las gradas del pabellón".
Durante a charla, Carlos García Alén quixo agradecer a todos aqueles que o acompañaron na aventura, formando parte da súa xunta directiva nestes anos: "Tengo que agradecer a todas las personas que han estado a mi lado estos 4 años. Lo que se ha hecho es obra de un equipo. Todos ellos han sido piezas fundamentales para que el club no desapareciese. El que no ha puesto dinero ha puesto trabajo, o las dos cosas".
Con respecto á súa candidatura á reelección, dixo: "Voy a presentarme, como ya dije, pero de momento no he hablado con nadie todavía. Lo haré estos días porque sé que hay personas cansadas del trabajo que hemos venido haciendo y lo estuve demorando para ver si consigo que no me digan que no. Espero seguir con la mayor parte de mis compañeros e incorporar a otros nuevos que nos ayuden en el trabajo que aún hay que hacer hasta el 2016, fecha en la que se abre para el Teucro un horizonte nuevo y optimista".
Teucro e Granollers abrirán cun partido o 10 de xaneiro os actos do 70 aniversario da fundación do club azul
Para rematar, Carlos García Alén anunciou o que será primeiro acto do 70 aniversario da fundación do club, que se celebra o ano próximo: "Tenemos concertado un partido contra el BM Granollers, que se jugará en el pabellón el día 10 de enero, aprovechando el parón de la liga. Será un duelo de históricos entre los dos clubs más antiguos del balonmano español. Ese fin de semana, viernes y sábado, estará lleno de actividades en las que intervendrán todos los equipos del club e incluso estamos viendo la posibilidad de que se juegue un partido de veteranos".
E un desexo para o seu novo mandato, se é que se produce: "Conseguir el patrocinador principal que tanto venimos buscando y nos de la tranquilidad económica".
Relacionadas:
-
Conseguir un patrocinador principal, prioridade de Carlos García Alén para a SD Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
Marcos Dorado pérdese o próximo partido do Teucro por unha fisura no nariz
Por Redacción |
-
Con optimismo pero con respecto, o Teucro visita a complicada pista do Handbol Bordils
Por Redacción |
-
Exhibición para a "décima" do Teucro (30-21) que esnaquiza o Go Fit abrindo oco como líder
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro reduce a súa débeda a menos da terceira parte en pouco máis de dous anos e convoca eleccións
Por Ramiro Espiño |