O Teucro pide o apoio da súa afección para recibir ao Sinfín: "El equipo está mereciendo que haya una mejor entrada"
Por Diego Espiño
Partido ao grande o deste sábado para a Sociedad Deportiva Teucro no Pavillón Municipal dos Deportes (20:00 horas).
Os azuis, líderes destacados da División de Honra Prata, reciben ao segundo clasificado, o Go Fit Sinfín, coa intención de dar un golpe de efecto e destacarse máis aínda na cabeza da táboa.
A importancia do choque reflíctese no chamamento realizado dende o club pontevedrés para lograr unha boa entrada no Municipal.
Aos importantes descontos no prezo das entradas únese a petición do técnico teucrista, Quique Domínguez, ao entender que "el equipo está mereciendo que haya una mejor entrada, y además los vamos a necesitar".
Toda axuda será pouca para impoñerse "a una de las mejores plantillas de la categoría", segundo a definiu o propio Domínguez.
O preparador centra a súa atención "en sus dos extremos, que son unas auténticas balas", e tamén en Álex Gómez, "un central que maneja el ritmo de juego y es uno de los jugadores más determinantes de la competición".
A única dúbida para a cita é o estado físico de Marcos Dorado, que se resentiu en Valladolid do seu nocello e non puido adestrarse ao mesmo ritmo que o resto dos seus compañeiros.
Si será da partida Carlos García, quen afirma que o equipo ten os pés no chan a pesar do grande inicio de competición: "sabemos la importancia de ganar pero aún quedan dos tercios de liga por jugar", sentenciou o extremo.
Relacionadas:
-
Exhibición para a "décima" do Teucro (30-21) que esnaquiza o Go Fit abrindo oco como líder
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro reduce o prezo das entradas en busca dun grande ambiente ante o Sinfín
Por Redacción |
-
Paso de xigante do Teucro que segue invicto e se impón (30-31) na pista do Atlético Valladolid
Por Redacción |