Máis apoio para os clubs de piragüismo e remo da provincia
Por Redacción
Os 42 clubs de remo e de piragüismo da provincia verán incrementadas as subvencións procedentes da Deputación de Pontevedra en 2015.
Así llelo confirmou o presidente provincial, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez, aos proios clubs nunha reunión celebrada no edificio administrativo de Pontevedra, na que lles explicou que a partida destinada a estes deportes se verá incrementada nos próximos presupostos da institución.
Este apoio institucional en axudas directas aos clubs e das subvencións para a financión de actividades e eventos, a Deputación prepara un novo plan para facilitar a adquisión de vehículos para as entidades deportivas.
Ademais de varias dúbidas, os clubs abordaron tamén a marcha das escolas deportivas de piragüismo, que contan esta tempada coa participación de 850 nenos.