O Teucro reduce o prezo das entradas en busca dun grande ambiente ante o Sinfín
Por Redacción
Coa moral ao grande tras o seu triunfo en Valladolid a Sociedad Deportiva Teucro prepara xa a visita do segundo clasificado, o Go Fit Sinfín (sábado 20:00 horas), en busca da súa décima vitoria consecutiva.
Conscientes de que sería un paso de xigante gañar, o que abriría unha renda de seis puntos sobre os seus perseguidores, a directiva azul ten decidio actuar para lograr un grande ambiente nas bancadas do Pavillón Municipal dos Deportes e que os afeccionados axuden así ao equipo.
Por ese motivo o Teucro lanzou a campaña 'Ti tamén xogas', pola que os socios da entidade poderán retirar as entradas que desexen ao prezo de 2 euros.
Ademais os menores de 14 anos entrarán de balde no pavillón e os seus pais gozarán dun desconto do 50% na súa entrada.