Un gol de Sylla dá ao Ribadumia a súa primeira vitoria na Senra impoñéndose (1-0) ao Boiro
Por Redacción
Sete xornadas despois o Ribadumia volve saborear a vitoria tras impoñerse ao Boiro nun partido emocionante que permite aos de Gabi Leis tomar unha lixeira distancia con respecto aos postos de descenso.
Os aurinegros non gañaban dende o 28 de setembro, case dous meses despois de que o fixesen en Carballo ante o Bergantiños, e non sabían aínda o que era vencer no seu campo. Fixérono cando máis o necesitaban, cun gol de Sylla, na recta final do partido, nunha xornada na que reapareceu Changui, tras a súa lesión, e debutaron con bo pé ÿscar Guimeráns e o porteiro Javi Sánchez, protagonista ao deter un penalti a Adrián Armental.
Houbo ocasións para os dous equipos. A primeira foi para Changui, pero Lorenzo despexou o seu remate. Logo Pablo Pillado probou fortuna nunha falta. Pero a máis clara chegaría ao pitar penalti o árbitro nunha acción de Aram sobre Adrián Armental. O propio Armental encargouse de lanzar, pero a flamante fichaxe local, Javi Sánchez, luciuse detendo o balón.
A segunda parte viu un Ribadumia dominador, que puido marcar en senllas ocasións de Changui e Sidibé, antes de que Sylla conseguise rematar un centro de Adrián Padín resolvendo o partido.
CD RIBADUMIA (1): Javi Sánchez; Nelo, ÿscar Río, Martín, Aram, Bisti (Miguel, min. 80), Sidibé, Álex Gómez (Adrián Padín, min. 64), Sylla, Changui e David Pérez (ÿscar Guimeráns, min. 55).
CD BOIRO (0): Lorenzo; Paco, Rafa, Cardeñosa, Borja, Gonzalo (Marcos, min. 65), Gabi (Rubén Márquez, min. 77), Pablo Pillado (Carlos Padín, min. 65), Adrián Quintairos, Adrián Armental e David Añón.
Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña), auxiliado nas bandas por Daniel Fraga Viñuelas e Gonzalo Belmonte Martell. Amoestou a Bisti, ÿscar Río, Nelo e Aram polo Ribadumia e a Pablo Pillado, Gonzalo e Paco polo Boiro.
Goles: (1-0) Minuto 82: Sylla.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 300 espectadores.