Un bo Xuventú Sanxenxo imponse con autoridade (4-2) ao Cultural Areas
Por Redacción
Partido de alternativas. O Xuventú Sanxenxo aproveitouse dos erros defensivos do Cultural Areas para sumar tres importantes puntos que lle permiten manterse na zona alta da táboa, asinando unha primeira volta sensacional.
Con alternativas constantes no xogo e o marcador, os locais adiantábanse por medio de Ramón, pero o Areas conseguía o empate cun tanto de David Campos.
Os de Fonsi Valverde deron a volta ao marcador na segunda metade, por medio de Cuadrado, pero Rubén devolvía a igualdade. Logo chegaría a expulsión do visitante Hugo que foi definitiva, máis cando Cuchi, de penalti, facía o terceiro gol local, sentenciando Nel nos últimos minutos.
XUVENTÿ SANXENXO (4): Álex Vila; Diego Peña, Suso Martínez, Héctor, Guille, Alfonso, Nel (Cidranes, min. 89), Jonathan, Hugo, Ramón (Cuchi, min. 69) e Rubén (Diego González, min. 85).
CULTURAL AREAS (2): Hortal; Hugo, Costas, David Campos, Juan Sánchez, Jesús Ramos, Mouta, Fonseca (Couso, min. 78), Cuadrado, Luismi e Manu Vilán (Félix, min. 78).
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez (Ferrol) auxiliado nas bandas por Ricardo Landrove Lago e Telmo Pérez Vázquez. Expulsou con vermello directo o xogador visitante Hugo (min. 73). Amoestou a Guillermo e Suso Martínez, polos locais, e Juan Sánchez, polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 7: Ramón. (1-1) Minuto 15: David Campos. (1-2) Minuto 50: Cuadrado. (2-2) Minuto 63: Rubén. (3-2) Minuto 75: Cuchi, de penalti. (4-2) Minuto 83: Nel.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 250 espectadores.