O Atlético Valladolid confía en recibir o Teucro cun cheo no pavillón Huerta del Rey
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro non deberá vencer só ao potencial deportivo do Atlético de Valladolid no encontro do próximo sábado (20:30 horas no pavillón Huerta del Rey).
O conxunto pucelano, herdeiro do histórico Balonmano Valladolid, espera un grande ambiente para o choque. Despois de varios anos de penurias para o balonmán da cidade, o bo inicio ligueiro na súa primeira tempada disparou a ilusión da afección.
O club, que esta semana superou a cifra dos 1.500 abonados, preparou unha serie de iniciativas e promocións co obxectivo de atraer o público da cidade.
Trátase dun conxunto confeccionado para pelexar polo ascenso, con xogadores novos de calidade e varios veteranos como o internacional Fernando Hernández ou Ávila, integrante durante 20 campañas do primeiro equipo do Balonmano Valladolid.
A visita do Teucro espertou ademais interese polo espectacular inicio ligueiro dos azuis, líderes invictos con catro puntos de vantaxe sobre o equipo pucelano.
A boa nova para Quique Domínguez é que poderá contar, salvo contratempo de última hora, con dous xogadores que arrastraban molestias como Marcos Dorado e Iván Fernández.
Relacionadas:
-
Paso de xigante do Teucro que segue invicto e se impón (30-31) na pista do Atlético Valladolid
Por Redacción |
-
Quique Domínguez ante a viaxe a Valladolid: "No tengo ninguna duda de que podemos ganar"
Por Diego Espiño |
-
Viaxe organizada para acompañar o Teucro no díficil desprazamento a Valladolid
Por Redacción |
-
La Roca resulta ser demasiado branda para un Teucro moi superior (43-32)
Por Ramiro Espiño |