Oitavo título consecutivo para o Club de Tenis Pontevedra no Campionato Galego de maiores de 35 anos
Por Redacción
Empeza a ser algo habitual para o Club de Tenis Pontevedra, que se proclamou en Ferrol campión galego por equipos de maiores de 35 anos.
ÿ o oitavo ano consecutivo que logran este título, certificado tras gañar no último encontro ao Club de Campo de Ferrol por 1-4 na cidade departamental.
Antes os pontevedreses superaran de xeito contundente (5-0) o Club de Tenis Coruña na rolda de semifinais.
Os xogadores que ao longo da tempada representaron o Club de Tenis foron: Carlos Domínguez, Marco Casal, José Luis González, Ricardo Domínguez, Chipi Agrelo, Jose M. Blanco, Fernando Peraza, Miguel Lapido, José M. Muñoz e Javier Del Río.