Carlos Rodríguez, todo un subcampión de Europa que garante o futuro do boxeo pontevedrés
Por Redacción
Ten só 13 anos pero xa presume de ser subcampión do Mundo infantil de boxeo tailandés, despois do campionato celebrado recentemente en Polonia. ÿ Carlos Rodríguez Onandía, deportista da Asociación Boxeo Pontevedra (ABP) que reflicte o traballo de base desenvolvido nos últimos anos.
Carlos é ademais campión galego de boxeo e de kick boxing, éxitos que motivaron unha recepción oficial este xoves na Deputación de Pontevedra.
Entre os seus próximos retos encóntranse o Open Nacional Kyshenko de K-1 que se disputará o 13 de decembro en Barcelona ou o Open ABP Sport que terá lugar o 20 de decembro na cidade de Lérez.
Ademais a ABP e o propio Carlos Rodríguez valoran a súa posible participación no próximo Campionato do Mundo de boxeo tailandés.