O Teucro afronta o final da primeira volta mirando de esguello aos postos de privilexio
Por Diego Espiño
Logo de morrer na beira en varios desprazamentos, a Sociedad Deportiva Teucro conseguiu en Irún os seus dous primeiros puntos como visitante, unha boa dose de moral para os dous encontros que faltan para chegar ao final da primeira volta e ao parón invernal motivado polo mundial que se disputa en xaneiro.
O primeiro deses encontros volve ser a domicilio e nunha cancha complicada, a do Ángel Ximénez de Puente Genil, cuarto clasificado e polo momento invicto no seu pavillón, como recoñece o lateral pontevedrés David Chapela, "cada equipo por la aficion o por lo que sea se hace muy fuerte en casa, mismo nosotros. El Bidasoa había ganado todos, ahora el Puente Genil no ha perdido, va a ser difícil pero si consigues puntuar decide mucho a lo largo de la liga".
"Si conseguimos dos victorias antes del parón, estaremos en la lucha por el play-off"
As dúas vitorias consecutivas dos teucristas colocáronlles nunha cómoda situación na táboa e mirando de esguello obxectivos máis ambiciosos, "nosotros queremos la permanencia, es el objetivo, pero ahora mismo si consigues dos victorias antes del parón, o incluso sólo la de Alcobendas en casa nos metemos en la lucha por el play-off. Va a ser así durante toda la temporada, si logras sacar algo fuera y ganas lo de casa estaremos luchando por el play-off pero no es una obsesión".
O que segue limitando ao equipo lerezano son as molestias físicas de varios dos seus xogadores. Ademais de Carlos García, Miguel Porto tampouco se recuperará a tempo para o encontro deste fin de semana, mentres o estado de Siscu segue preocupando, "las lesiones son un lastre que tenemos", recoñece David Chapela, "estamos jugando pocos jugadores y llegamos al final del partido muy cansados. Por ese motivo se nos han escapado algunos puntos".