Traballo extra para o fisioterapeuta do Teucro ante os problemas físicos de varios xogadores
Por Redacción
A carga de partidos nos primeiros meses de competición, entre liga e Copa do Rei, empeza a pesar nas pernas dos xogadores da Sociedad Deportiva Teucro.
Esta semana son varios os que arrastran diversos problemas físicos requirindo os servizos do fisioterapeuta do club, Javier Martín, se ben se espera non teñan problemas para viaxar ao Barakaldo co resto da expedición o próximo 8 de novembro.
A semana de parón ligueiro axudará para que así sexa, sobre todo no caso de Víctor Rodríguez. O lateral leva varios partidos sen xogar por unha protusión á altura da zona lumbar, pero encóntrase bastante recuperado e espera volver ás canchas na próxima xornada.
Víctor estaba a disposición de Quique Domínguez o pasado sábado ante o Nava, pero decidiu darlle descanso ao tratarse de "un jugador muy importante dentro de nuestro equipo. Esperamos que se pueda recuperar totalmente lo antes posible", manifestou o técnico.
Ademais de Víctor Rodríguez pasaron estes días polas mans do fisioterapeuta Iván Fernández, cunha sobrecarga no tendón rotular, Richi Amérigo, con molestias no nocello, Carlos Pombo, cunha sobrecarga nos isquiotibiáis, e David Chapela, aínda en proceso de recuperación total do seu ombro.
Salvo contratempo todos eles estarán en condicións de enfrontarse ao Barakaldo nun encontro no que os azuis defenderán o liderado.
Ademais de todos os mancados, César Armán continúa recuperándose da súa grave lesión de xeonllo e iniciou a exercitarse no ximnasio: "En las últimas semanas he progresado mucho y estoy muy contento por cómo va la recuperación", declarou o xogador ao departamento de comunicación do club.
Relacionadas:
-
Pilas cargadas para un Teucro que intentará agarrarse ao liderato na difícil pista do Barakaldo
Por Diego Espiño |
-
Os números avalan o bo inicio ligueiro do Teucro
Por Redacción |
-
Segue intratable o Teucro que non dá opción (34-26) ao BM Nava
Por Ramiro Espiño |
-
Un mal inicio na segunda metade condena o Teucro á eliminación na Copa ante o Ángel Ximénez (28-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |