Monte Castrove, escenario este domingo da IV KDD de afeccionados á BTT
Por Redacción
Por cuarto ano consecutivo Os Bicivoadores organizan unha 'KDD' para afeccionados do ciclismo BTT no Monte Castrove.
O evento, non competitivo nin federado, celebrarase este domingo 26 de outubro con saída ás 9:30 horas dende o IES Fontenla de Poio.
Trátase dunha marcha cun percorrido de 35 quilómetros que conta cunha dificultade física alta e unha dificultade técnica media á que poden acudir todos os afeccionados a este deporte que o desexen, pois a inscrición é de balde.
O bo tempo que se espera anima a pensar nunha alta participación, similar aos preto de 500 ciclistas da pasada edición.
Nesta ocasión os organizadores fan ademais un chamamento aos asistentes para que colaboren cunha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros en beneficio do Banco de Alimentos.