O Poio FS defende a súa terceira praza na Seca ante o complicado Ourense Envialia
Por Redacción
Novo exame para o Poio Fútbol Sala, que recibe este sábado (18:30 horas) no Pavillón da Seca ao Ourense Envialia coa terceira praza en xogo.
As vermellas queren manterse na zona alta da clasificación e de paso dedicarlle a un triunfo a Ana Carolina 'Zulú' operada este xoves no Hospital Domínguez dunha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo.
A operación, levada a cabo polo doutor Osorio, desenvolveuse sen complicacións e agora Zulú inicia un período de recuperación que se fixa en seis meses.
En canto ao resto do equipo, Morenín non conta con máis baixas e a convocatoria será a habitual nas últimas xornadas, composta por: Silvia, Irene, Charo, Elena, Jenny, Paloma, Tania, Moldes, Claudia, Yoly e Raquel Souza.