O Celta xogará en novembro un amigable ante o Pontevedra en Pasarón
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón acollerá un encontro amigable entre o Celta de Vigo e o Pontevedra Club de Fútbol a mediados de novembro.
O encontro pactouse o pasado verán, pero a dificultade de atopar unha data atrasou a súa celebración.
Inicialmente pensouse no primeiro parón de Primeira División causado polos partidos das seleccións nacionais, pero naquel entón os vigueses xogaron ante o Sporting de Braga na reinauguración do campo da Senra, en Ribadumia.
Agora ambos clubs terían acordado verse as caras nun choque de preparación coindiendo co segundo parón liguero na máxima categoría.
Desta forma, segundo fontes próximas á entidade viguesa, a data que se estuda é a do venres 14 de novembro, só dous días antes de que os granates teñan que visitar en liga o campo do Barbadás.