Sábado intensivo de natación en Rías do Sur con presenza de máis de 250 deportistas
Por Redacción
A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur en Ponte Muíños vivirá este sábado 25 de outubro unha intensa xornada deportiva organizada polo Club Natación Galaico.
O club pontevedrés congrerará a máis de 250 nadadores nas diferentes actividades, que arrincarán cun control de marcas para 60 deportistas do club pontevedrés e o Club Natación Ponteareas.
A sesión de tarde iniciarase co arranque da tempada para as categorías inferiores coa primeira xornada de Liga Promesas, na que participan 65 nadadores do propio Galaico, CN Ponteareas e CN Vilagarcía.
Á súa conclusión será a quenda as xornadas iniciais da liga benxamín e a liga alevín, con 70 e 60 nadadores respectivamente de Galaico, CN Ponteareas, CN Sanxenxo e CN Vilagarcía.