As eleccións á Federación Galega de Fútbol arrancan en Pontevedra coa visita de Juan Vázquez
Por Redacción
Juan Vázquez Veras, candidato á presidencia da Federación Galega de Fútbol, visitará Pontevedra o próximo venres 24 de outubro para explicar aos clubs da bisbarra o seu programa e coñecer as súas inquietudes.
Se trata do primeiro acto electoral que vivirá a cidade nunha carreira que conta de momento con dous candidatos, o propio Vázquez e o actual presidente García Liñares, á espera do pronunciamento ao respecto do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que recoñeceu estar a sopesar a posibilidade de presentarse.
Vázquez, natural da Coruña e que foi vicepresidente con García Liñares, convocou aos clubs da área de influencia de Pontevedra a unha reunión no Pazo da Cultura ás 20:00 horas.
Na cita estarán presentes tamén Kike Soto, actual vicepresidente da Galicia de Caranza, e Pablo Prieto, responsable da área de fútbol sala da súa candidatura.
O prazo oficial para presentar as candidaturas abrirase o 2 de decembro e permanecerá aberto ata o día 13 do mesmo mes nun proceso que concluirá o día 24 coa elección do novo presidente do organismo autonómico.