O bo tempo favorece o desenvolvemento das primeiras roldas nun igualado Torneo ITF de Sanxenxo
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo acolle estes días nas súas pistas a celebración do XIII Torneo Internacional Júnior de tenis, que se está a caracterizar ata o momento pola igualdade nos seus partidos.
O bo clima está a favorecer ao desenvolvemento e vistosidade dun torneo que xa viviu as súas primeiras sorpresas no arranque da súa fase final.
No cadro masculino despediuse o principal favorito e actual número 56 do ranking mundial júnior, o ruso Boris Pokotilov, tras caer ante o portugués Nuno Borges (6-3 e 6-2).
Si avanzou rolda o segundo cabeza de serie, o español Eduard Güel, tras superar con apuros ao francés Louis Tessa (6-3, 3-6 e 6-4). Tamén segue con vida no torneo o madrileño Alberto Romero, pero non así os xogadores galegos invitados, que cederon en primeira rolda sendo o máis destacado Luis Morillo ante o francés Geoffrey Blancaneaux (6-4 e 6-2).
En canto ao cadro feminino, as principais favoritas seguen adiante, sendo a maior sorpresa a derrota da quinta cabeza de serie, a húngara Parra Udvardy. Tampouco aquí as xogadoras galegas tiveron fortuna, aínda que a vixente campioa autonómica júnior, Celia Cerviño, tivo as súas opcións ante a británica Francesca Jones (6-3, 2-6 e 6-1).