Contundente triunfo do Pontevedra Rugby Club ante o Muralla de Lugo (36-0)
Por Redacción
Primeiro triunfo da tempada para o Pontevedra Rugby Club, que se impuxo de xeito claro na segunda xornada ao Muralla de Lugo (36-0) no campo de Monte Porreiro.
O conxunto lerezano dominou o encontro dende os primeiros minutos, e xa no 2 púxose por diante ao culminar Zuazua unha xogada de 'Petado'. A pesar diso a primeira metade mantívose bastante igualada, chegándose ao descanso cun curto 12-0 tras un ensaio de Calvo.
No segundo acto o Pontevedra RC rompeu o choque ante un conxunto lucense que compareceu en Monte Porreiro lastrado polas baixas.
PONTEVEDRA RUGBY CLUB (36): Christian, Hache, Felipe Osorio; Zuazua, Luso, Antón Díaz, Mito, Chema, Petao, Teixugo, Alberto Grifón, Adrián Tenorio, Sergio Calvo, Rubén Sanmartín, Samuel Suárez. Cambios: Victoria, Nicolás Díaz, álvaro Montojo, Juan Martínez, Xandre Álvarez, Sergio Wok, Preda, Chema Regueiro.
MURALLA RC (0): Vilariño, Roca, Jiménez, López, Souto, Táboas, Núñez, Sever, Sobrino, Diéguez, Del Río, Diéguez, Lago, Rodríguez, Tuñas. Cambios: Díaz, Monasterio, Lepe, García.
Incidencias: Partido disputado en el campo de Monte Porreiro.