Primeira vitoria do Leis Feminino en liga cun claro 6-2 ante o Mora
Por Redacción
Á terceira foi a vencida para o Leis Pontevedra na Segunda División Feminina de fútbol sala.
O conxunto pontevedrés, despois de dúas derrotas no inicio ligueiro, sumou ante o CDE Mora o seu primeiro triunfo e fíxoo con solvencia, cun claro 6-2.
O resultado non obstante pode parecer enganoso, pois as lerezanas tiveron que empregarse a fondo e remontar nunha igualada primeira metade.
O Leis comezou dominando, pero foi o Mora o encargado de abrir o marcador á saída dun corner, vantaxe que ampliaría pouco despois. Foi entón cando reaccionaron as locais, igualando antes do descanso con dous goles de Natalia.
Na reanudación adiantouse por primeira vez o Leis cun tanto de Carmen. Tamara, Natalia e Sofía rendondearían despois o resultado cando o Mora estaba envorcado con porteira-xogadora en pista.
LEIS PONTEVEDRA (6): Tamara Gándara, Ana, Gema, María Dolores, Marta, Tamara (1), Natalia (3), Paola, Carmen (1), Sofía (1), Jessica, Sara.
CDE MORA (2): Virginia, Cristina (1), María Cuervo, Clara, Elena, Lucía, María Teresa, Laura (1), María Carrobles, María Bravo, Elena Davila, Lourdes.
Árbitros: Rubén Ferrero Carballal e Alfredo Castro Nantes.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.