Luisito, presentado como novo técnico do Pontevedra: "Vengo con el único objetivo muy marcado, que es ascender"
Por Diego Espiño
José Luis Míguez 'Luisito' exerce xa dende este luns como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, tras a súa presentación oficial no Estadio Municipal de Pasarón.
O técnico asina ata final de tempada sen ningunha cláusula que supoña a súa renovación automática, segundo el mesmo recoñeceu, e chega acompañado dun ex xogador granate como Pepe Rico, que exercerá de segundo adestrador, e un preparador físico, o que supoñerá a saída de Fran Comesaña, o responsable ata agora desa parcela.
O ex adestrador de Ciudad de Santiago, Racing de Ferrol e Ourense recoñeceu que se trata "de un reto importante", para o que asegura "estar muy ilusionado".
Luisito non escapou á responsabilidade do cargo nun equipo cunha meta clara, volver a Segunda B: "Lo que quiero es llegar aquí, ganar todos los partidos que pueda y hacer un Pontevedra campeón. Vengo con el único objetivo muy marcado, que es ascender".
Luisito: "El que no trabaje y no reme en la misma dirección lo va a tener difícil conmigo"
O técnico aproveitou a ocasión para deixar claro o que quere dos seus futbolistas, avisándoos de que "el que no trabaje y no reme en la misma dirección lo va a tener difícil conmigo", asegurou na súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Malia todo Luisito se mostrou contento co plantel granate, defendendo que "si asumo el reto es porque estoy contento con la plantilla que hay".
Pola súa banda a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, xustificou a elección do Consello de Administración ao entender "que era el perfil ideal, un entrenador que conociese la categoría".
A previsión de Luisito pasa por fixar sesións preparatorias durante toda a semana, eliminando o día de descanso habitual dos martes, para facerse canto antes ao seu novo equipo e preparar en condicións a cita do próximo domingo ante o Boiro en Pasarón.
Relacionadas:
-
Dous meses de baixa para Fran Fandiño, que ten roto o ligamento lateral interno do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Comeza a era Luisito nun Pontevedra que xa pensa na visita do Boiro
Por Diego Espiño |
-
Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontevedra alivia as súas feridas (1-3) a custa dun débil Cultural Areas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |