Quique Domínguez: "Algunos de mis mejores momentos los he vivido en la Copa del Rey"
Por Diego Espiño
Quenda para a Copa do Rei de balonmán. Un ano despois de realizar un gran papel na competición e plantar cara ao Balonmano Granollers ata o último suspiro, o Teucro volve este sábado ao torneo do K.O. cun encontro no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Amenzabar Zarautz (20:30 horas).
Os azuis afrontan con ilusión a cita, pero aseguran formulalo como "un partido más, en el que saldremos a darlo todo", tal e como recoñece o extremo Carlos García.
Trátase dunha eliminatoria a partido único polo que, a pesar do bo inicio de curso, Quique Domínguez quixo lanzar unha mensaxe de prudencia: "si nos dejamos llevar por la clasificación haríamos mal".
O técnico lerezano avisa da perigosidade dos vascos, un equipo que cualificou de "muy correoso, que pone un ritmo muy alto y que cuenta con jugadores enormemente desequilibrantes".
Sen baixas de última hora e o plantel "en buen momento y con confianza", o Teucro intentará seguir vivo na Copa para enfrontarse en segunda rolda a un equipo de liga Asobal, o Ángel Ximénez, coa intención de gozar dunha competición na que Quique Domínguez recoñece ter vivido "algunos de mis mejores momentos".
Ademais da entrada de balde para os socios e o prezo único de 5 euros para o público, o club azul trasladou que os menores de 18 anos tampouco deberán pasar pola billeteira.