15.000 euros para a celebración do III Torneo Internacional de Tenis ITF no Mercantil
Por Diego Espiño
O Casino Mercantil acollerá do 12 ao 19 de outubro a terceira edición do Torneo Internacional de Tenis ITF, no que se darán cita algunhas das promesas europeas da raqueta.
Preto de 120 xogadores participarán nos cadros masculino, feminino e de dobres, que arrancarán coa fase previa o día 12.
A alta de demanda para entrar no torneo, con case 200 tenistas en lista de espera para o cadro masculino e 100 para o feminino, fai ademais que a organización se formule unha fase previa máis ampla.
Para a celebración do campionato Casino Mercantil e Concello de Pontevedra asinaron este martes un convenio de colaboración para o que a administración local achega 15.000 euros.
Relacionadas:
-
A chuvia non detén o avance do Torneo Internacional ITF no Mercantil
Por Redacción |
-
Arranca a fase final do III Torneo Internacional ITF de tenis no Mercantil
Por Redacción |
-
O torneo ITF de tenis do Mercantil contará con algunhas das mellores raquetas internacionais en idade júnior
Por Diego Espiño |