Toño Varela imponse nunha concorrida Subida á Escusa
Por Redacción
A Subida á Escusa recuperou a súa esencia despois dunha concorrida décimo quinta edición que deixou visto para sentenza o Campionato Galego de Montaña.
Jacobo Sobral, cun segundo posto na clasificación final, asegurouse matematicamente o campionato a falta dunha proba.
O triunfo en Poio foi para Toño Varela, segundo máis rápido na xornada do sábado e o mellor na mañá do domingo, avantaxando en 3.261 segundos a Sobral e en 6.619 a César Rodríguez.
A Escusa foi unha das citas con máis participación do calendario, cun total de 40 coches que tomaron a saída para desfrute dos asistentes nas catro mangas oficiais da competición.