A Xunqueira acolle este sábado o primeiro Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol gaélico
Por Redacción
O Pontevedra Fútbol Gaélico segue pouco a pouco co seu proceso de crecemento, que pasa esta vez pola creación do Trofeo Cidade de Pontevedra.
Este sábado 20 de setembro ás 20:00 horas o conxunto lerezano recibe no campo da Xunqueira II ao Irmandinhos da Estrada, na que será a primeira edición do torneo amigable.
A poucas semanas do inicio da Liga Galega, o encontro servirá como presentación do Pontevedra Fútbol Gaélico, que aspira a mellorar o quinto posto autonómico logrado na tempada do seu debut.
Antes do partido disputarase tamén un partido de exhibición entre algunhas das integrantes do futuro equipo feminino da entidade e as Irmandinhas estradenses.