Ike Azotam, un ala-pívot estadounidense para reforzar o xogo interior do Peixegalego
Por Redacción
O Marín Peixegalego pescou na liga universitaria estadounidense, a prestixiosa NCAA, para pechar o seu plantel de cara ao inicio da competición na Liga LEB Prata.
O conxunto marinense pechou a contratación do ala-pívot Ike Azotam, procedente da Quinnipiac University, equipo que milita na MAAC (Metro Atlantic Athletic Conference).
Azotam é un xogador de 23 anos natural de Boston, aínda que con pasaporte nixeriano, lugar de procedencia dos seus proxenitores.
O pasado curso xogou unha media de 33,4 minutos nos que logrou rexistros de dobre-dobre, con 16,2 puntos e 10,2 rebotes por partido.
Esta previsto que Akotam se unha aos seus novos compañeiros esta mesma semana para poñerse a disposición do técnico 'peixe', Javi Llorente.