A sección de waterpolo desvincúlase do Club Natación Galaico
Por Diego Espiño
Lea no seo do Club Natación Galaico tras a decisión da dirección de "dar de baixa de xeito definitivo de todos os socios vinculados ata a data ao club a través da actividade de waterpolo".
Así reza o comunicado do club pontevedrés feito público tras a última reunión da súa xunta directiva, o que supón na práctica a escisión desta sección, á que pertencen máis de 80 xogadores, dende a categoría prebenxamín ata a sénior, ademais de varios adestradores.
A medida, acordada o mércores 20, colleu por sorpresa os responsables do waterpolo, segundo recoñece Javi de Sáa: "no nos lo esperábamos y menos a estas alturas, cuando queda una semana para empezar la temporada".
A sección de waterpolo queda agora "pendiente de ver si podemos seguir usando las instalaciones", pola contra, asegura o técnico, "nos buscaremos la vida y volveremos 10 años atrás".
Javi de Sáa: "No nos lo esperábamos y menos a estas alturas, cuando queda una semana para empezar la temporada"
O GALAICO DEFENDE A DECISIÿN
A ruptura coa sección será efectiva o día 1 de setembro, unha decisión que defendeu o presidente do Club Natación Galaico, José Miguel Cano, ao entender que "los clubes ya funcionaban por separado".
Cano asegura que a xestión do waterpolo era independente do club de natación: "tienen CIF separado, directiva propia y empleados propios", defende o presidente.
José Miguel Cano: "No los quiero echar de aquí ni mucho menos, pero tendrán que pedirle horas de agua a la Fundación"
O Galaico, tal e como recoñece o seu máximo dirixente, encóntrase nun proceso de reestruturación e preparando un "proyecto ambicioso" na natación, polo que necesita o máximo número de horas de piscina posible, sobre todo tras a cesión de espazo ao Centro Galego de Tecnificación para os adestramentos do grupo de alto rendemento.
A pesar deste acordo co CGTD, a Secretaría Xeral para o Deporte negoulle unha subvención de "10.000 euros", o que obriga segundo Miguel Cano "a buscar alternativas para que el club siga adelante".
O responsable do Galaico mantén que "no los quiero echar de aquí ni mucho menos, pero tendrán que pedirle horas de agua a la Fundación", propietaria das instalacións de Rías do Sur.