Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil atou a continuidade dunha das xogadoras da casa que pouco a pouco vai gañando presenza no primeiro equipo.
Trátase de Jara Tuda, un dos referentes da canteira verde e que aos seus 21 anos seguirá defendendo a elástica do club pontevedrés un ano máis, alternando o conxunto de Liga Feminina 2 co equipo filial.
A aleiro sumou a pasada campaña 209 minutos na categoría de prata repartidos en 18 partidos, nos que logrou 49 puntos. O obxectivo para esta nova campaña pasa por gañar protagonismo na rotación arxilista e asentarse en Liga Feminina 2.
Con esta renovación só falta por pechar a continuidade de Ana Martín e Andrea Carrera e confirmar a incoporación dunha ala-pívot antes do inicio dos adestramentos, que arrancarán o día 1 de setembro.
Relacionadas:
-
Cortegada e Universitario Ferrol, rivais do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |
-
Primeiro día de traballo para o Arxil
Por Redacción |
-
Ana Martín renova e cumprirá a súa décimo cuarta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |
-
Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Arxil-Araski e Cortegada-Aros León na primeira xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción |